Pandereteiras 的个人资料Pandereteiras OS MUÍÑOS ...照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
|
11月17日 Concerto en SalcedaEste sábado, día 18 de novembro, as pandereteiras Os Muíños de Oliveira daremos un pequeno concerto na sede da A.C. Castro Barreiro en Salceda de Caselas.
A actuación comezará arredor das 21:30h e durante unha hora tocaremos repertorio de toda a Comunidade Autónoma acompañadas por toda clase de intrumentos de percusión.
Se queredes disfrutar durante un rato da nosa música non dubidedes en achegarvos. 11月14日 CURRÍCULOO grupo de pandereteiras da S. C. “Os Muíños de Oliveira” nace a comezos do ano 1998 no seo de dita asociación. Dende ese ano ata o 2005 foi dirixido por Francisco Javier Feijoo Álvarez “Chisco”, director da A. C. F. O Fiadeiro, dos Pandereteiros da mesma, e colaborador do programa “Luar” da TVG durante tres tempadas. Na actualidade está a ser dirixido por Sandra Diéguez, directora do grupo de Pandereteiras da A. C. F. O Fiadeiro e conta cun total de 6 membros.
As pandereteiras de “Os Muíños de Oliveira” actúan en lugares de toda a xeografía española e portuguesa acompañando ó grupo de baile. A continuación aparece unha relación das máis importantes:
Nas festas na honra de San Froilán (outubro - 1998) na cidade de Lugo, e no Concello de Foz (agosto – 1999). Na “Festa do Marisco” do Concello do Grove (2001). A “Festa do Churrasco”, organizada polo Concello de O Covelo. O Festival Folclórico de Meis (2003). A IV edición do “Festival Internacional do Baile Tradicional” que organiza o Centro Cultural da Pontevella, en Teo (agosto – 2003). A “Romaría dos Muíños”, no Concello de Arbo (agosto – 2003). Destacan tamén dúas actuacións no programa Luar e no Luar da Solidariedade da TVG.
No concurso de baile organizado pola A. F. “Malveiras” de Vilagarcía (2003), no que non se acadou ningún premio pero si o recoñecemento do público. Nas V Xornadas de Baile e Música Tradicional organizadas polo Concello de Vigo (novembro – 2003). E no concurso de baile organizado pola A. X. Xacarandaina da Coruña (2004), onde se acadou o 2º premio.
Asisten a diversos acontecementos con asiduidade anual:
A “Festa do Viño do Condado”, organizada polo Concello de Salvaterra de Miño, dende o 1995. A “Festa dos Cesteiros”, que organiza o Concello de Mondariz, dende o 2000. A “Festa do Requesón e o Mel”, organizada polo Concello de As Neves, dende o 2001. O “Festival Folclórico do Condado”, organizado polo Concello de Ponteareas, dende o 1993.
Tamén actúan cada ano en distintos lugares de Portugal como Oporto, Guimaraes, Cinvaes, etc. E ademáis, en festas parroquiais de toda a Comarca do Condado e arredores.
O grupo de pandereteiras gravou no 2002 un vídeo para a Delegación Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, “TURGALICIA”, para o espectáculo da Xira Promocional de dito ano na que participou unha das súas compoñentes como cantareira solista. Acudiu tamén nunha ocasión ó “Luar” de forma independente. Tamén participou en concursos organizados por Asociacións Folclóricas de renome, acadando a seguinte relación de premios:
· 1999 – Concurso de Sanguiñeda: 2º Premio, categoría única. · 1999 – Concurso da A. F. Xalgarete (Vigo): 2º premio, categoría B. · 2000 – Concurso da A. X. Xiradela (Arteixo): 2º Premio, categoría C. · 2000 – Concurso da A. F. Cantigas e Agarimos (Santiago): 2º Premio, categoría B. · 2001 – Concurso da A. X. Xiradela: 1º Premio, categoría C. · 2001 – Concurso da A. F. Xalgarete: 2º Premio, categoría C. · 2002 – Concurso da A. X. Xiradela: 2º Premio, categoría C. · 2003 – Concurso da A. X. Xiradela: 1º Premio, categoría D. · 2005 – Concurso da A. X. Xirádela: 3º Premio, categoría D. · 2005 – Concurso da A. X. Xacarandaina (A Coruña): 2º Premio, categoría D. · 2005 – Concurso da A. F. Cantigas e Agarimos: 1º Premio, categoría C. · 2006 – Concurso da A. X. Xiradela: 3º Premio, categoría D. · 2006 – Concurso de Música Tradicional “Concello de Cervo” (Lugo): 2º Premio, categoría única. · 2006 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 1º premio, categoría D. · 2006 – Concurso da A. F. Cantigas e Agarimos: 3º premio, categoría C. · 2007 – Concurso de Música Tradicional “Concello de Cervo”: 1º Premio, categoría única. · 2007 – Concurso da A. X. Xiradela: 2º Premio, categoría D. · 2007 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 1º Premio, categoría C. · 2008 – Concurso da A. X. Xiradela: 1º Premio, categoría D. · 2008 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 2º Premio, categoría D. · 2008 – Concurso da A. C. D. Galanía (Muros): 2º Premio, categoría C. · 2009 – Concurso da A. X. Xirádela: 2º Premio, categoría D. · 2009 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 1º Premio, categoría D. · 2009 – Concurso da A. F. Cantigas e Agarimos: 2º Premio, categoría D.
O vestiario tradicional está composto por reproduccións do utilizado en tempos na zona do Condado e a Paradanta, á que pertence a asociación: as mulleres levan xubón e mandil de cadros, e saia negra de pano de lá, mantón e pano de flores, e tamancas nos pes. Comezamos...¡Moi boas a tod@s!
Por mor dunha solicitude de outro grupo de pandereteiras de agregarnos á súa "Lista de Amigos", creamos agora o espacio web das Pandereteiras da A.C. Os Muíños de Oliveira.
Como xa saberedes a nosa Asociación xa ten o seu propio espacio no que estamos a colgar datos de interese para toda a "comunidade folklórica", así como as actividades que se fan na nosa sede e as actuacións dos distintos grupos artísticos.
Deste xeito pensamos que darlle un toque algo máis desenfadado ó noso propio espacio pode ser unha boa idea.
Imos necesitar algo de tempo para poñelo ó día xa que levamos 9 anos de andadura e hai moito que contar.
Esperamos que, co paso do tempo, vos guste cada vez un pouco máis. |
|
|