Pandereteiras 的个人资料Pandereteiras OS MUÍÑOS ...照片日志列表更多 工具 帮助

日志


11月27日

X Concurso de Tartas Caseiras

Como xa viña sendo habitual, o GMBT Os Muíños de Oliveira actuou durante a deliberación do xurado do X Concurso de Tartas Caseiras, e entre eles o grupo de pandereteiras da Asociación.
Durante 45 min interpretaron un variado repertorio de música e baile das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo.

DSCN4533

11月22日

X CONCURSO DE TARTAS CASEIRAS

A Asociación Cultural "Os Muíños de Oliveira" celebra, como cada novembro, o xa popular "Concurso de Tartas", que chega á súa X edición. Este ano terá lugar o domingo 25 de novembro ás 18:00h na sede da asociación en Santiago de Oliveira (Ponteareas).
 
Os premios otorgaranse segundo as seguintes categorías:
1º, 2º e 3º - Degustación
1º, 2º e 3º - Presentación
1º, 2º e 3º - Infantil
 
Nesta ocasión o Xurado estará formado por:
Pilar Alonso Suárez e Daniel González, da Escola de Hostalería "Harina Blanca" de Vigo
María José Viana González, directora da Escola de Hostalería "Emprendex" de Tui
 
Os premios foron doados polo Exc. Concello de Ponteareas e por distintas casas comercias da zona (para eles vai este agradecemento pola colaboración prestada).
Coma sempre, trala entrega de premios, o público asistente poderá probar as obras culinarias presentadas ó concurso.
A festa estará amenizada polo grupo de música e baile "Os Muíños de OLiveira", do que as pandereteiras tamén formamos parte.
 
Esperámosvos para o veredicto máis importante: o voso.

DSCF0011