Pandereteiras 的个人资料Pandereteiras OS MUÍÑOS ...照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
|
4月23日 Gañadores do II Concurso de Pandereteiras/os da AC Os Muíños de Oliveira 2007A decisión do xurado do II Concurso de Pandereteiras/os da A. C. Os Muíños de Oliveira, formado por Sandra Diéguez García, Fernando Saavedra Pereira, e Ana Fernández Lavandeira, foi a seguinte:
CATEGORÍA A:
3º premio: Grupo "D" da Escola de Muiñeira da AF Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela.
2º premio: "Fanfurriñas" da ACD Galanía, de Muros.
1º premio: "Chiculateiras" da AX Xiradela, de Arteixo.
CATEGORÍA B:
3º premio: Pandereteiras do GBMT "Tahúme", de Ribeira.
2º premio: "Aleivosía" do Liceo Marítimo de Rianxo.
1º premio: "Lilaina" da AC O Castro, de Miño.
Os criterios que o xurado manexou para tomar a súa decisión foron os de interpretación, afinación, dificultade e autenticidade das pezas.
A organización do certame non é responsable da decisión do xurado, xa que esta é persoal e inapelable. 4月16日 Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira - Cervo 2007Este é o vídeo da nosa participación no concurso de Música Tradicional do Concello de Cervo no ano 2007, no que acadamos o 1º premio na categoría de pandereteiras. Comezo da tempada de ConcursosUn ano máis, as pandereteiras da A. C. Os Muíños de Oliveira presentámonos ós distintos Concursos de Música Tradicional organizados polas Asociacións Folclóricas de Galicia.
Este ano comezamos asistindo ó III Concurso de Música tradicional "Concello de Cervo", celebrado o 5 de abril neste concello de Lugo. Neste certame, no que hai unha única categoría para pandereteiras, acadamos o 1º PREMIO da nosa modalidade.
O seguinte foi o VIII Concurso de Música Tradicional da A. X. Xiradela, celebrado o 15 de abril en Arteixo. A categoría na que nos corresponde participar por idade é a D, na que acadamos o 2º PREMIO.
A próxima cita será na cidade da Coruña no mes de maio, no concurso organizado pola A. X. Xacarandaina. Vémonos alí. 4月9日 Participantes no II Concurso de Pandereteiras/os 2007CATEGORÍA A
CATEGORÍA B
O Concurso celebrarase o día 22 de abril no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas a partir das 16h.
Prezo da Entrada: 1,50€. |
|
|