Pandereteiras 的个人资料Pandereteiras OS MUÍÑOS ...照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
|
4月23日 Actuación en Madrid o 26 de abrilEntre os días 24 de abril e 3 de maio celébrase en Alcobendas (Madrid) a XIV Semana del Marisco, coa que conxuntamente se organiza a FEIGA (Feira Exposición Identitaria de Galicia). Este acontecemento contará cun representativo programa cultural da nosa terra.
Entre as diversas actuacións estará a nosa, a das Pandereteiras de "Os Muíños de Oliveira", que participaremos o domingo 26 de abril ás 17:00h.
Se este fin de semana pasades por Madrid estades convidados a vir a ver a nosa actuación.
Un saúdo. 4月20日 Outro resultado positivoEste domingo, día 19 de Abril, celebrouse o X Concurso de Música Tradicional da A. X. Xiradela, como cada ano por estas datas, na cidade de Arteixo.
Participamos na categoría D, correspondente á media de idades máis alta, na que acadamos o 2º PREMIO.
A próxima cita será no Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina, o vindeiro 10 de Maio.
Alá nos vemos.
4月11日 Próximas actuaciónsNovas datas de actuacións das Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira:
O Grupo de Pandereteiras participará o domingo 19 de abril en Arteixo, no xa habitual Concurso de Música Tradicional da A. X. Xiradela.
E ademáis, acompañando ó grupo de baile:
O venres 1 de maio en Barcelos (Portugal) pola tarde, no Festival Luso-Galaico.
O domingo 17 de maio na Casa Cultural da Asociación, tamén pola tarde, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. |
|
|