Pandereteiras 的个人资料Pandereteiras OS MUÍÑOS ...照片日志列表更多 工具 帮助

日志


5月29日

Actuación na Festa do Muíño

Cada ano, a mediados de xuño, celébrase a Festa do Muíño no Concello de Arbo.
A xente vai comer e facer festa á veira dun pequeno río onde hai algúns anos se restauraron os muíños que había no lugar.
Nesta ocasión participaremos tamén nós, as Pandereteiras de Os Muíños de Oliveira, ademáis dun grupo de gaitas, entre as 12:00h e as 17:00h. Anós tócanos a primeira parte da festa, así que participaremos ata ás 14:30h.
Xa sabedes, se tedes ganas de troula pasade o vindeiro 17 de Xuño pola Festa do Muíño en Arbo.
5月21日

Seguimos colleitando éxitos

Este domingo, día 20 de Maio, celebrouse o XVIII Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina, que se celebra cada ano na cidade da Coruña.
Neste ocasión o certame contou con tres categorías de pandereteiras. Nós participamos na categoría C, na que acadamos o 1º PREMIO na nosa categoría.
A próxima cita será no Concurso de Música Tradicional da A. F. Cantigas e Agarimos, no vindeiro mes de xuño.
Alá nos vemos.
5月4日

Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira en Arteixo 2007

 
 
Este é o vídeo da nosa participación no concurso de Música Tradicional da AX Xiradela de Arteixo no ano 2007, no que acadamos o 2º premio na categoría "D" de pandereteiras.