Pandereteiras 的个人资料Pandereteiras OS MUÍÑOS ...照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
|
6月21日 Resultado do último concursoEste domingo, día 21 de Xuño, celebrouse o Concurso de Música Tradicional da A. F. Cantigas e Agarimos, no Centro Social de Vite en Santiago de Compostela.
Participamos na categoría D, correspondente a maiores de 18 anos, na que acadamos o 2º PREMIO.
Gracias a todos polos ánimos e o apoio 6月14日 Novo éxito para o Grupo de BaileNa mañá de hoxe (14 de xuño) celebrouse o Concurso de Baile Tradicional da A. F. Cantigas e Agarimos, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
O Grupo de Baile da AC Os Muíños de Oliveira participou na categoría C, acompañado das Pandereteiras, na que acadaron o 3º PREMIO.
Noraboa ós nosos peques (e non tan peques) por este novo éxito. 6月7日 Novas datasEstas son as próximas citas do noso grupo:
O Grupo de Pandereteiras acompañará o domingo 14 de xuño en Santiago ó Grupo de Baile da Asociación no Concurso de Baile Tradicional da A. F. Cantigas e Agarimos.
O domingo seguínte, 21 de xuño, participarán no Concurso de Música Tradicional organizado pola mesma asociación.
Vémonos alí.
Moita merda a todos! |
|
|