Pandereteiras 的个人资料Pandereteiras OS MUÍÑOS ...照片日志列表更多 工具 帮助

日志


7月22日

Próximas datas

As novas citas para vernos tanto ás Pandereteiras, coma ó GBMT da AC Os Muíños de Oliveira, son ás seguintes:
2 de Agosto (domingo): en Crecente.
16 de Agosto (domingo): en Crecente.
30 de Agosto (domingo): Festa do Viño, en Salvaterra de Miño.

No festival de Covas - Viveiro

O sábado 18 de xullo participamos no Festival de Covas (Viveiro).
Foi unha tarde agradable e unha experiencia a repetir.
Graciñas, lugueses, por recibirnos tan ben e a Rodrigo por invitarnos.
Saúdos a todos.
7月12日

Resultado na Coruña

Hoxe, ás 11:00h, no Pazo da Ópera da Coruña, tivo lugar o XXX Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina.
O GBMT da AC Os Muíños de Oliveira participou con dous grupos nas categorías C e D, acadando o 2º PREMIO en ámbalas dúas.
Así se fai rapaces!
7月7日

Concurso de Baile da AX Xacarandaina

Este domingo, 12 de xullo, no Pazo da Ópera da Coruña, celébrase o XXX Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina.
Nel participará o GBMT da AC OS Muíños de Oliveira. As Pandereteiras acompañarémolos na súa intervención.
Vémonos logo alá.