Pandereteiras's profilePandereteiras OS MUÍÑOS ...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    November 01

    Magosto na Casa Cultural

    O vindeiro domingo, 8 de novembro, celébrase o Magosto na Casa Cultural da AC Os Muíños de Olivera.
    A partir das 18:00h haberá castañas, viño e chourizos para todos os asistentes.
    As Pandereteiras participaremos animando a festa xunto co GBMT da Asociación.
    Vémonos alí.
    September 02

    Próxima actuación

    No Festival Folclórico do Condado, o domingo 13 de setembro na Praza Maior en Ponteareas.
    O pasarrúas comezará ás 17h. Acompañaremos ó GB Os Muíños de Oliveira e logo faremos unha intervención en solitario.
    Alí vos esperamos.
    July 22

    Próximas datas

    As novas citas para vernos tanto ás Pandereteiras, coma ó GBMT da AC Os Muíños de Oliveira, son ás seguintes:
    2 de Agosto (domingo): en Crecente.
    16 de Agosto (domingo): en Crecente.
    30 de Agosto (domingo): Festa do Viño, en Salvaterra de Miño.

    No festival de Covas - Viveiro

    O sábado 18 de xullo participamos no Festival de Covas (Viveiro).
    Foi unha tarde agradable e unha experiencia a repetir.
    Graciñas, lugueses, por recibirnos tan ben e a Rodrigo por invitarnos.
    Saúdos a todos.
    July 12

    Resultado na Coruña

    Hoxe, ás 11:00h, no Pazo da Ópera da Coruña, tivo lugar o XXX Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina.
    O GBMT da AC Os Muíños de Oliveira participou con dous grupos nas categorías C e D, acadando o 2º PREMIO en ámbalas dúas.
    Así se fai rapaces!
    July 07

    Concurso de Baile da AX Xacarandaina

    Este domingo, 12 de xullo, no Pazo da Ópera da Coruña, celébrase o XXX Concurso de Baile Tradicional da AX Xacarandaina.
    Nel participará o GBMT da AC OS Muíños de Oliveira. As Pandereteiras acompañarémolos na súa intervención.
    Vémonos logo alá.
    June 21

    Resultado do último concurso

    Este domingo, día 21 de Xuño, celebrouse o Concurso de Música Tradicional da A. F. Cantigas e Agarimos, no Centro Social de Vite en Santiago de Compostela.
    Participamos na categoría D, correspondente a maiores de 18 anos, na que acadamos o 2º PREMIO.
    Gracias a todos polos ánimos e o apoio
    June 14

    Novo éxito para o Grupo de Baile

    Na mañá de hoxe (14 de xuño) celebrouse o Concurso de Baile Tradicional da A. F. Cantigas e Agarimos, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
    O Grupo de Baile da AC Os Muíños de Oliveira participou na categoría C, acompañado das Pandereteiras, na que acadaron o 3º PREMIO.
    Noraboa ós nosos peques (e non tan peques) por este novo éxito.
    June 07

    Novas datas

    Estas son as próximas citas do noso grupo:
     
    O Grupo de Pandereteiras acompañará o domingo 14 de xuño en Santiago ó Grupo de Baile da Asociación no Concurso de Baile Tradicional da A. F. Cantigas e Agarimos.
    O domingo seguínte, 21 de xuño, participarán no Concurso de Música Tradicional organizado pola mesma asociación.
     
    Vémonos alí.
    Moita merda a todos!
    May 11

    Participación no Concurso da AX Xacarandaina 2009

      

    Este é o vídeo da nosa participación no concurso de Música Tradicional da AX Xacarandaina da Coruña no ano 2009, no que acadamos o 1º premio na categoría "D" de pandereteiras.

    Un novo premio.

    Este domingo, día 10 de Maio, celebrouse o XX Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina, na cidade da Coruña.
    Participamos na categoría D, correspondente a maiores de 18 anos, na que acadamos o 1º PREMIO.
    A próxima cita será no Concurso de Música Tradicional da A. C. Cantigas e Agarimos, en Santiago o vindeiro 21 de Xuño.
     

    April 23

    Actuación en Madrid o 26 de abril

    Entre os días 24 de abril e 3 de maio celébrase en Alcobendas (Madrid) a XIV Semana del Marisco, coa que conxuntamente se organiza a FEIGA (Feira Exposición Identitaria de Galicia). Este acontecemento contará cun representativo programa cultural da nosa terra.
    Entre as diversas actuacións estará a nosa, a das Pandereteiras de "Os Muíños de Oliveira", que participaremos o domingo 26 de abril ás 17:00h.
    Se este fin de semana pasades por Madrid estades convidados a vir a ver a nosa actuación.
    Un saúdo.
    April 20

    Outro resultado positivo

    Este domingo, día 19 de Abril, celebrouse o X Concurso de Música Tradicional da A. X. Xiradela, como cada ano por estas datas, na cidade de Arteixo.
    Participamos na categoría D, correspondente á media de idades máis alta, na que acadamos o 2º PREMIO.
    A próxima cita será no Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina, o vindeiro 10 de Maio.
    Alá nos vemos.

    April 11

    Próximas actuacións

    Novas datas de actuacións das Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira:
     
    O Grupo de Pandereteiras participará o domingo 19 de abril en Arteixo, no xa habitual Concurso de Música Tradicional da A. X. Xiradela.
     
    E ademáis, acompañando ó grupo de baile:
     
    venres 1 de maio en Barcelos (Portugal) pola tarde, no Festival Luso-Galaico.
    O domingo 17 de maio na Casa Cultural da Asociación, tamén pola tarde, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
    March 07

    SERÁN EN OLIVEIRA

    Hoxe, como xa ven sendo habitual por estas datas, celébrase o Serán da AC Os Muíños de Oliveira na nosa Casa Cultural.
    A festa comezará arredor das 21:30h.
    Esperamos vervos a todos alí.
    Saúdos.

    November 26

    VI Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

    Este sábado, 29 de novembro, celébrase en Sabucedo (A Estrada) o VI Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
    Nesta edición imos paricipar as Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira, xunto coas Pandereteres de Fitoria.
    Xa sabedes que o concerto será despois da cea, así que esperamos vervos alí a todos.
    Un saúdo.
    August 27

    Próxima actuación

    As Pandereteiras "Os Muíños de Oliveira" parciparán unha vez máis na próxima edición do Festival Folklórico do Condado organizado polo Concello de Ponteareas.
    Nesta ocasión a cita terá lugar a tarde do día 14 de setembro na Praza Maior de dito concello.
    Esperámosvos.
    June 05

    Novo premio

    O día 25 de Maio, celebrouse o I Concurso de Música Tradicional da A. C. Galanía na vila de Muros.
    Participamos na categoría C, correspondente á media de idades máis alta, na que acadamos o 2º PREMIO.
     
    Por cuestións de axenda polo momento non poderemos presentarnos a máis concursos de música tradicional, polo que vos animamos a vir ás actuacións do GMBT "Os Muíños de Oliveira" se vos apetece disfrutar un rato da nosa música e o noso baile.
     
    Saúdos a todos.
    May 15

    Novas actuacións

    Novas datas de actuacións das Pandereteiras da AC Os Muíños de Oliveira:
     
    O Grupo de Pandereteiras participará o domingo 25 de maio en Muros, no Concurso de Música Tradicional da Asociación Galanía.
     
    E ademáis, acompañando ó grupo de baile:
     
    sábado 17 de maio en Ponteareas pola mañá, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
    sábado 7 de xuño en Pontesampaio, Pontevedra, pola tarde, con motivo da Festa dos Héroes; e o domingo 8 de xuño en Xinzo, Ponteareas, tamén pola tarde.
    O domingo 15 de xuño participarán no Festival Folclórico de San Xoan de Longos Vales, en Monçao, Portugal.
    April 28

    Novos resultados

    Este domingo, día 27 de Abril, celebrouse o Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina na cidade de A Coruña.
    Participamos na categoría D, correspondente á media de idades máis alta, na que acadamos o 2º PREMIO.
    A próxima cita será en Muros, no concurso organizado pola Asociación Galanía.

    DSC01138